Programación actividades

Programación actividades

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS

O programa de actividades que a Concellería de Asuntos Sociais desenvolve nos cinco Centros Cívicos ao longo do ano ten por obxectivo ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas. Os programas elaborados, que son gratuítos, teñen carácter cultural e social e procuran o crecimento integral dos veciños e veciñas.

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

A Concellería de Asuntos Sociais vén desenvolvendo dende hai anos o Programa de Envellecemento Activo que consiste nunha serie de cursos e actividades gratuítas de ocio e tempo libre para as persoas maiores de 60 anos do municipio, (actividades de exercicio físico, mantemento e deportivas, tanto en espazos pechados como en espazos públicos ao aire libre destinados a tal fin; artísticas, cognitivas, de estimulación da memoria, informáticas, etc ). A realización destas actividades encoméndase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS PARA NENAS E NENOS

Prazo de inscrición para nenas e nenos:
Comenza o día do 11 de SETEMBRO de 2023 ás 9:00hrs da mañá.
O prazo permanecerá aberto ata cubrir prazas.

O programa de Actividades para nenos e nenas pretende ofrecer unha alternativa de ocio activo e de calidade para nenos e nenas que ademais aprenden a relacionarse convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico. As actividades buscan tamén servir como apoio na conciliación da vida familiar e laboral e son gratuítas.

ACTIVIDADES DE VERÁN

Actividades de Verán nos Centros Cívicos do Concello de Ourense que organiza a Concellería de Asuntos Sociais, para nenos e nenas.