PROGRAMA DE ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS

CONVOCATORIA: 2019 / 20


DESTINATARIOS:
Persoas empadroadas no Concello de Ourense que teñan 18 anos ou máis.

INSCRICIÓNS:
As inscricións serán a través de esta páxina web. No PDF de confirmación aparecerá o número de rexistro, a data e a hora.

No caso de que algunha persoa precise axuda coa súa inscrición pode dirixirse ao Centro Cívico Colón (rúa Colón nº 18 2º) ou ás oficinas de Atención Cidadá (Praza Maior nº 1 baixo) en horario de 9:00 a 13:00 horas.

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 25 de setembro de 2019 ás 9:00 horas ata o 2 de outubro de 2019 ás 24:00 horas.

NORMAS DE INSCRICIÓN:
  • É imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense e ter 18 ou mais anos de idade excepto nos cursos que, de maneira explícita, requiran outras idades.
  • Pódense escoller un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia en cada centro.
  • No caso de facer máis dunha solicitude no mesmo centro só será válida a primeira.
  • Non está permitido inscribirse na mesma actividade en máis dun Centro Cívico.
  • En caso de facer solicitude para máis dun centro na mesma actividade a solicitude co número de inscrición mais elevado será anulada.
  • Unha vez rematado o prazo non se poderán cambiar os cursos elixidos.
  • O criterio de selección será: primeiro orde de entrada, segundo orde de preferencia de actividade.
  • As actividades que non alcancen un número mínimo de inscricións poderán ser suspendidas.
  • No caso de non conquerir praza quedará nunha lista de espera e poderá ser chamado para incorporarse á actividade mais adiante.
  • Ás persoas en lista de espera dos cursos con mais demanda daráselles a opción de cubrir as prazas libres, si houbera, en centros próximos.
  • Para participar nas actividades que impliquen exercicio físico será imprescindible cubrir unha declaración que acredite que a persoa pode realizar dita actividade. Unha vez concedidas as prazas nas actividades, as persoas admitidas nos cursos de exercicio físico poden retirar en calquera dos centros cívicos o modelo de declaración e presentalo debidamente cuberto antes do comenzo das actividades. De non presentar dita declaración perderase o dereito á praza na actividade.
  • Ao principio de cada curso se informará do número de faltas de asistencia permitidas en función da lista de espera.
  • O non cumprimento reiterado dos horarios de entrada e saída fixados a principio de curso en cada grupo pode supoñer a perda da praza.
  • A falta de asistencia continuada conlevará a baixa da actividade.


NOTA:
Todos os cursos para persoas adultas do Programa de Centros Cívicos iniciarán na semana do 18 de novembro, excepto os cursos de informática que teñen marcadas outras datas.



CENTROS CÍVICOS


COLÓN: Rúa Colón nº 18. Teléfono: 988 393 107
Curso Días Horario
Alfabetización informática e redes sociais (24H) Do 5/11 ao 12/12 martes-xoves de 9:00 a 11:00 horas
Navegación por Internet, firma dixital, trámites e compras online (22H) Do 4/02 ao 12/03 martes-xoves de 16:00 a 18:00 horas
Ioga (35H) Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas e de 19:00 a 20:00
Ximnasia Abdominal Hipopresiva (15H) venres de 19:00 a 20:00 horas
Wellness-Ximnasia de Mantemento (35H) Lunes e mercores de 19:00 a 20:00 horas
Bachata (15H) venres de 20:00 a 21:00 horas


A CUÑA: Rúa Dr. Peña Rey nº 18. Teléfono: 988 619 058
Curso Días Horario
Uso do teléfono móbil e tablets (Android) (18H) Do 5/11 ao 3/12 martes-xoves de 16:00 a 18:00 horas
Ioga (35H) martes e xoves de 17:30 a 18:30 horas
Wellness-Ximnasia de Mantemento (35H) luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas
Caribeños- Kizomba 1 (16H) sábados de 18:00 a 19:00 horas


A PONTE: Rúa Eulogio Gómez Franqueira 43. Teléfono: 988 511 911
Curso Días Horario
Iniciación smartphone (20H) Do 4/11 ao 9/12 (luns-mércores) de 9:00 a 11:00 horas
Avanzado smartphone (22H) Do 20/11 ao 9/12 e do 13 ao 27/01 (luns-mércores) de 16:00 a 18:00 horas
Páxinas Web con Wordpress (26H) Do 19/11 ao 10/12 e do 14 ao 30/01 (martes-xoves) de 9:00 a 11:00 horas
Photoshop (24H) Do 3/02 ao 16/03 (luns-mércores) de 16:00 a 18:00 horas
Ioga (35H) Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas e de 19:00 a 20:00
Ximnasia Abdominal Hipopresiva (15H) luns de 18:00 a 19:00 horas
Ximnasia Multidisciplinar (35H) luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas
Kizomba-caribeños 2 (16H) sábados de 19:30 a 20:30 horas
Scrapbooking: a arte de inmortalizar os recordos (23H) xoves de 19:00 a 20:30 horas


AS TERMAS: Praza 200. Teléfono: 988 686 764
Curso Días Horario
Internet avanzado e protección antivirus (26H) Do 19/11 ao 10/12 e do 14 ao 30/01 (martes e xoves) de 16:30 a 18:30 horas
Ioga (35H) luns e mércores de 18:45 a 19:45 horas
Ximnasia Multidisciplinar (35H) martes e xoves de 18:45 a 19:45 horas
Caribeños- Kizomba 1 (16H) venres de 19:20 a 20:00 horas
Manualidades e restauracións básicas (24H) Xoves de 18:15 a 19:45 horas


SEIXALBO: Rúa Estreita 1. Teléfono: 988 242 914
Actividades Días Horario
Ioga (35H) martes e xoves de 18:45 a 19:45 horas
Salsa (15H) venres de 18:30 a 19:30 horas



Nota: Os horarios son orientativos e poden sufrir modificacións.




Actividades Asuntos Sociais
Actividades Asuntos Sociais