PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE VERÁN 2021 DOS CENTROS CÍVICOS PARA NENAS E NENOS


O 14 de xuño de 2021 abre o prazo para inscribirse nas Actividades de Verán 2021 que nos Centros Cívicos do Concello de Ourense organizará a Concellería de Asuntos Sociais, para nenos e nenas nados do 1/1/2009 ao 31/12/2017.

O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico.

Búscase fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socioeducativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de dereitos da infancia. Trátase de promover que os menores se convirtan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio e o seu entorno. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

Preténdese tamén que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste periodo vacacional cun horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres e a asistencia é obligatoria.

Para inscribirse nas actividades de Verán hai que cubrir a solicitude que se activará nesta páxina web a partir das 9:00 horas do 14 de xuño de 2021. O prazo rematará o día 18 de xuño de 2021 ás 24:00 horas. Se algunha persoa precisa axuda coa inscrición pode dirixirse telefónicamente ao 988 393 107.

As actividades realizaranse nos centros cívicos de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2021 Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Vanse dividir en quincenas do seguinte xeito:
  • Do 1 ao 15 de xullo
  • Do 16 ao 30 de xullo
  • Do 2 ao 16 de agosto
  • Do 17 ao 31 de agosto
  • Do 1 ao 8 de setembro


As actividades son gratuítas e para ter a posibilidade de acceder a elas o neno ou a nena deben estar empadroados no Concello de Ourense. O criterio de selección será o seguinte:
  • todos os nenos e as nenas, que cubran a solicitude en prazo, deberán ter concedida algunha das quincenas de preferencia antes de que se poida desfrutar dunha segunda.
  • a admisión nas quincenas será por orde de entrada e orde de preferencia.
  • se a inscrición se fai para máis dun centro na mesma quincena entenderase que o centro de preferencia é o primeiro no caso de que haxa prazas.
  • a Concellería de Asuntos Sociais poderá reservar o 20% das prazas ofertadas a persoas beneficiarias de programas sociais.
  • As quincenas dos centros que non alcancen un número mínimo de solicitudes poden ser suspendida..
  • A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario das actividades nas que se inscribiu. O feito de non cumplilo poderá supoñer a perda da praza.

Solicitude


NOTA: A admisión nas quincenas comunicarase telefónicamente


Actividades Asuntos Sociais
Actividades Asuntos Sociais