Programación actividades

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS

CONVOCATORIA: 2023 / 24

DESTINATARIOS:
Persoas empadroadas no Concello de Ourense que teñan 18 anos ou máis.

INSCRICIÓNS:
As inscricións serán a través desta páxina web. No PDF de confirmación aparecerá o número de rexistro, a data e a hora.

No caso de que algunha persoa precise axuda coa súa inscrición pode dirixirse ao Centro Cívico Colón (rúa Colón nº 18 2º) en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Para información e axuda coas inscricións chamar aos teléfonos: 988 393 107 e 988 388 171

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 2 de outubro ás 9:00 horas ata o 9 de outubro ás 9:00 horas.

NORMAS DE INSCRICIÓN:

  • É imprescindible estar empadroado no Concello de Ourense e ter 18 ou mais anos de idade excepto nos cursos que, de maneira explícita, requiran outras idades.
  • Pódense escoller un máximo de tres actividades por persoa e por orde de preferencia en cada centro.
  • A confirmación da admisión será telefónica.
  • No caso de facer máis dunha solicitude no mesmo centro só será válida a primeira.
  • En caso de facer solicitude para máis dun centro na mesma actividade a solicitude co número de inscrición mais elevado será anulada.
  • Unha vez rematado o prazo non se poderán cambiar os cursos elixidos.
  • O criterio de selección será: primeiro orde de entrada, segundo orde de preferencia de actividade.
  • As actividades que non alcancen un número mínimo de inscricións poderán ser suspendidas.
  • No caso de non conquerir praza quedará nunha lista de espera e poderá ser chamado para incorporarse á actividade mais adiante.
  • Ás persoas en lista de espera dos cursos con mais demanda daráselles a opción de cubrir as prazas libres, si houbera, en centros próximos.
  • Para participar nas actividades neste curso é imprescindible cubrir unha declaración responsable na que se aceptan as normas, restricións e condicións que durante este curso rexen debido á pandemia de Covid 19.
  • Para participar nas actividades que impliquen exercicio físico ademais será imprescindible cubrir unha declaración que acredite que a persoa pode realizar dita actividade. Unha vez concedidas as prazas nas actividades, as persoas admitidas nos cursos de exercicio físico poden retirar en calquera dos centros cívicos o modelo de declaración e presentalo debidamente cuberto antes do comenzo das actividades. De non presentar dita declaración perderase o dereito á praza na actividade.
  • Ao principio de cada curso se informará do número de faltas de asistencia permitidas en función da lista de espera.
  • A falta de asistencia continuada conlevará a baixa da actividade.

Actividades

CENTRO CÍVICO COLÓN

Rúa Colón nº 18. 

Teléfono: 988 393 107

CURSODíasHorario
Conservación de alimentos (12H)Do 10/11 ao 12/01 venres de 16:30 a 18:30 horas 
Fotografía (20H)Do 01/03 ao 10/05 venresde 16:30 a 18:30 horas
Ioga (37H)martes e xovesde 18:00 a 19:00 horas
Ioga (37H)martes e xovesde 19:00 a 20:00 horas
Ximnasia Abdominal Hipopresiva (16H)venresde 19:00 a 20:00 horas
Mantemento (37H)luns e mércoresde 18:30 a 19:30 horas
Bailes Latinos (16H)sábadosde 18:30 a 19:30 horas

CENTRO CÍVICO A CUÑA

Rúa Doutor Peña Rey nº 18

Teléfono: 988 619 058

CURSODíasHorario
Photoshop (20H)Do 14/11 ao 09/01 martes e xovesDe 16:00 a 18:00 horas
Total Fitness (37H)martes e xoves de 17:30 a 18:30 horas
Pilates (37H)luns e mércoresde 17:00 a 18:00 horas
Caribeños- Kizomba Iniciación (16H)venresde 17:30 a 18:30 horas

CENTRO CÍVICO A PONTE

Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43

Teléfono: 988 511 911

CURSODíasHorario
Iniciación informática (20H)Do 06/11 ao 08/01 luns e mércoresde 9:00 a 11:00 horas
Avanzado Smartphone-CHAVE 365-Whatsapp (20H)Do 05/02 ao 06/03 luns e mércoresde 16:00 a 18:00 horas
Tramitación electrónica (20H)Do 05/02 ao 06/03 luns e mércoresde 9:00 a 11:00 horas
Cociña saudable (16H)Do 14/11 ao 24/01 martesde 16:30 a 18:30 horas
Pilates (37H)martes e xovesde 17:30 a 18:30 horas
Pilates (37H)martes e xovesde 18:30 a 19:30 horas
Ximnasia Abdominal Hipopresiva (16H)venresde 17:00 a 18:00 horas
Ximnasia de Mantemento (37H)luns e mércoresde 18:00 a 19:00 horas
Biodanza (22H)martesde 18:30 a 19:30 horas
Obradoiro Ansiedade e Estrés (34H)mércoresde 17:30 a 19:00 horas

CENTRO CÍVICO AS TERMAS

Praza 200

Teléfono: 988 686 764

CURSODíasHorario
Iniciación Smartphone-Teléfono intelixente (20H)Do 06/11 ao 08/01  luns e mércoresde 16:30 a 18:30 horas
Ioga (37H)luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas
Ximnasia de Mantemento (37H)martes e xovesde 18:30 a 19:30 horas
Caribeños- Kizomba Nivel Intermedio (16H)venresde 19:00 a 20:00 horas
Obradoiro de empoderamento mediante a arte (30H)lunsde 18:00 a 19:30 horas

CENTRO CÍVICO SEIXALBO

Rúa Estreita nº 1

Teléfono: 988 242 914

CURSODíasHorario
Pilates (37H)martes e xovesde 17:00 a 18:00 horas
Wellness- Ximnasia de Mantemento (37H)luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas

Nota:
A admisión de prazas comunicarase telefónicamente.
Os horarios son orientativos e poden sufrir modificacións.